O CAE 112 Galicia recibiu unha alerta de Urxencias Médicas por mor dun incendio, no palleiro dunha casa en Sarria. Os feitos tiveron lugar na parroquia de Barbadelo, no lugar de Taíde.
Decontado, o 112 Galicia pasou o aviso aos Bombeiros de Sarria. A gran cantidade de palla acumulada na construción dificultou as tarefas de extinción, polo que foi necesario un tractor para sacar as canas.
O Centro de Atención ás Emerxencias informou do suceso, tamén, á Policía Local, ós Bombeiros de Lugo e de Monforte, á Garda Civil e a Protección Civil.
Neste intre os Bombeiros traballan arreo para que o lume quede totalmente extinguido.