O BNG-AA proponlle á acaldesa iniciar os trámites para incorporar o proxecto de piscinas termais ao plan EDUSI

O voceiro do BNG –-Asambleas Abertas no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, recomendoulle á alcaldesa que inicie os trámites coa Confederación Hidrográfica , e coas administracións con competencias sobre esta materia, para incorporar o proxecto de piscinas termais ao plan EDUSI. Arroxo lembrou que existen vetas de auga quente no entorno do balneario que se poderían aproveitar para crear estas piscinas exteriores de acceso gratuito.

O voceiro do BNG-AA dixo que “hai que traballar con previsión para evitar problemas entre administracións que poidan provocar a perda de fondos europeos” e engadiu “que “non queremos que con esta proposta suceda o mesmo que coa zona pública de baño que sempre defendeu o BNG e que o PSOE nunca quixo facer””.

O voceiro do BNG-AA dixo que a das piscinas termais públicas é unha das propostas que a súa formación presentará para incorporar ao proxecto Muramiñae que se financia cos fondos europeos do programa EDUSI. Arroxo sinalou  tamén que “Lugo vai contar cun total de 12,5 millóns de euros para este programa e “debemos de facer, todos e todas, as aportacións que consideremos para que estes cartos sexan positivos para a cidade e o seu entorno””.

A creación de piscinas termais públicas exteriores encaixa perfectamente,según afirmou o voceiro nacionalista, dentro das liñas estratéxicas do Muramiñae que ten, entre os seus obxectivos, o impulso do entorno fluvial con novas dotacións que sirvan como atractivo desta zona. Segundo o voceiro do BNG, “a creación destes espazos suporía un atractivo máis no entorno do balneario e a ponte romana que estaría activo durante todas as épocas do ano”.

Rubén Arroxo sinalou que en Ourense xa existen piscinas deste tipo que teñen un grande éxito entre a poboación local e que atraen a multitude de visitantes. O complexo de A Chavasqueira foi o primeiro dos postos en marcha no concello de Ourense que depois completou a súa oferta con outras zonas termais públicas no entorno do río Miño. Arroxo dixo que “en Lugo é “perfectamente realizable por que existen liñas de auga quente que se están perdendo de utilizar””.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com