Cidadáns pídelle ao Concello que amañe solares municipais en Abella

O Grupo municipal de Cidadáns denuncia o mal estado no que se atopan varios predios propiedade do Concello na zona da Abella e esíxelle ao Goberno de Lara Méndez “que saia do seu estado de hibernación permanente no que se atopa desde que accedeu á alcaldía hai case dous anos e actúe para solucionar os problemas dos cidadáns e cidadás de Lugo”. En concreto, o concelleiro de Cidadáns Jesús Expósito indica que o Concello é propietario de varios solares na rúa Fábrica de Abella, onde se sitúa un centro comercial, na parte traseira dos bloques de vivendas situados na rúa Aquilino Iglesia Alvariño. “Estes predios en moi malas condicións, con falta de limpeza e roza, o que provoca mesmo insalubridade nas vivendas”, denuncia.

 Expósito chama a atención sobre o feito de que “nesa mesma rúa, a carón dos do Concello, hai outros solares privados que presentan o mesmo estado de abandono” e o concelleiro de Cidadáns pregúntase “como vai o Concello esixirlles aos seus propietarios que os limpen se o propio Concello non limpa os seus”. “O primeiro que ten que facer o Concello é dar exemplo”, argumenta Jesús Expósito.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com