O Concello de Lugo denuncia a falta de lealdade institucional da Xunta pola Intermodal

Ante o anuncio da Xunta de Galicia o pasado venres, onde dicía literalmente, que “a Consellería contrataba os estudos previos da Intermodal de Lugo”, o voceiro municipal, Miguel Fernández, amosou o profundo malestar do Goberno Municipal “pola enésima falta de lealdade institucional co Concello”, xa que a entidade autonómica non lle comunicou absolutamente nada ao Concello.

Tal e como avanzou Fernández, “esta queixa pola falta de lealdade será un dos temas que a Alcaldesa, Lara Méndez, tratará o vindeiro vernes nun encontro, a petición da propia rexedora, con Feijóo, que despois de meses de espera, decidiu concedernos”.

“O DOG non se corresponde co anuncio da Consellería, que é pouco máis que propaganda. E, como sempre dicimos, cremos máis no DOG que nas palabras de Feijóo ou de calquera dos seus Conselleiros, que son palabras baleiras e non feitos consumados”, asegurou o voceiro, quen demostrou co propio anuncio do Diario Oficial de Galicia en man, que “non se sacaron a licitación os estudos previos da Intermodal, pois o que se sacou a licitación foi a Elaboración de estudos previos da terminal de autobuses integrada na Intermodal de Lugo. É dicir, a Xunta vai gastar 75.000 euros en pensar se os autobuses se poden integrar nunha futura intermodal, algo inquietante, xa que se non se poden integrar xa non sería intermodal”, indicou Fernández.

E non se poden integrar porque sinxelamente, non hai Intermodal, posto que o Ministerio de Fomento supendera totalmente o seu proxecto, dunha forma opaca e mentindo reiteradamente en Cortes, pois ante as preguntas do senador socialista, Ricardo Varela, en 2013 e 2014, dicíase que se avanzaba con normalidade, cando a acta de suspensión se asinara o 5 de outubro de 2012. Esa é a realidade”, destacou o voceiro, ao tempo que lembrou que “Fomento rexeitou desenvolver dito contrato”.

“Se a Xunta quere poñerse ao lados dos e das lucenses ten que deixarse de mentiras e optar ou por pagar o proxecto de Intermodal ou poñerse a carón da Alcaldesa e a cidadanía para esixir a Fomento o que nos corresponde por dereito”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com