A mesa de traballo constituída para revitalizar o barrio da Residencia reuniuse este luns no Salón de Comisións do Concello. Na xuntanza, presidida polo Voceiro municipal, Miguel Fernández, asistiron, ademais de representantes de todos os grupos políticos da Corporación, a presidenta da asociación veciñal deste barrio.
Na sesión acordouse solicitar unha reunión ao subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e outra co xerente do Sergas, Antonio Fernández Campa. Neste senso, o voceiro adiantou que “a mesa de traballo consensuou solicitar ambas xuntanzas coa finalidade de que o subdelegado do Goberno lles dea conta do tratado na reunión entre a Secretaria de Estado da Seguridade e o Conselleiro de Facenda”. Tamén solicitarán a xuntanza co xerente do SERGAS, para analizar os posibles usos deste edificio.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.