Segundo puido saber Xornaldelugo, Olga Iglesias Fontal, alcaldesa de Triacastela, será a nova Xefa Territorial de Medio Rural na provincia de Lugo. Despois duns días de incerteza, onde se falou do seu inminente nomeamento, a posteriori semellou que dito nomeamento se paralizaba e que non sería ela a responsable en Lugo, da Consellería que dirixe Angeles Vázquez Mejuto, que tamén foi alcaldesa do Concello de Melide. Ao final, e logo de barallarse algún outro nome, confirmase o su nomeamento.
Olga Iglesias Fontal naceu 15 de abril de 1971 en Triacastela, foi deputada nas dúas últimas lexislaturas no Congreso pola provincia de Lugo. É veterinaria e funcionaria da Xunta de Galicia.