Os socialistas esixen “lealdade institucional” á Xunta para concertar prazas nas residencias da deputación

O grupo socialista no Parlamento Galego trasladoulle á Xunta a necesidade de concertar prazas nas residencias e centros de día públicos da rede xa creada pola Deputación de Lugo.  E reclamaron “lealdade institucional” nunha decisión que só é “cuestión de vontade política”.

Os socialistas destacaron as necesidades de servizos sociais en Lugo son “cada vez máis importantes e crecentes”, mentres hai “unha absoluta carencia de equipamentos sociais” e subliñaron a aportación da Deputación de Lugo, cun investimento de 15 millóns de euros en 13 residencias, das que catro xa están rematadas e completamente equipadas (Castroverde, Fonsagrada, Pol e Trabada) pero non poden poñerse en marcha só a falta de que a Xunta concerte as prazas. “Son residencias de xestión pública para garantir o acceso universal aos pensionistas de menores rentas que só necesitan a colaboración da Xunta para que concerte prazas a través de convenios”, afirmou a socialista, que lembra que “a lei de servizos sociais ofrece todos os mecanismos para poder facelo”.

Si conceden prazas para empresas privadas

“A Xunta debería estar alegre de que outra administración poña 15 millóns de euros, e debería recibir esta rede de residencias cos brazos abertos e facilidades, e non poñer un atranco tras outro”, censurou. A lucense incidiu en que resolver a concertación de prazas é unha cuestión de “vontade política”, e que a Xunta só ten que facer “o mesmo que está a facer actualmente coas empresas privadas”, ás que si lles dá luz verde para ter novas prazas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com