O PP pide explicacións ao edil de Urbanismo Daniel Piñeiro polo Garañón

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Jaime Castiñeira, vén de rexistrar esta mañá a petición de comparecencia do edil de Urbanismo, Daniel Piñeiro, pola urbanización de O Garañón.

O popular explica que “se temos chegado a esta situación é polo enésimo incumprimento plenario do goberno local, que non convocou a comisión monográfica sobre O Garañón que se aprobou a iniciativa do Partido Popular no pleno de xullo de 2015 co voto en contra do PSOE, un acordo que se reiterou e que volveu saír adiante en xaneiro de 2017”, detalla.

No documento rexistrado polos populares para solicitar a comparecencia plenaria, ademais de preguntar polas razóns da demora na creación e convocatoria deste órgano, tamén se reclaman aclaracións da situación actual da urbanización, con respecto aos plans, medidas e calendarios que baralla o goberno local.

Por último, Jaime Castiñeira reitera, como dixo a comezos da semana, que “estamos dispostos a recorrer a unha situación extraordinaria e inédita, como é a de reclamar, pleno si e pleno tamén, explicacións do edil de Urbanismo, Daniel Piñeiro, ata que decida asumir as súas obrigas”. “Botaremos man de todas as ferramentas que temos ao noso alcance como membros da corporación para que, dunha vez por todas, o goberno local tome as rendas sobre este asunto”, conclúe.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com