Lugonovo interpelará ao goberno municipal para que dea conta no vindeiro pleno dos motivos polos que as axudas de emerxencia lle constaron, fiscalmente, aos seus perceptores como ganancias patrimoniais.
A formación denunciou en decembro que este feito supuxolles a moitos deles, sen sabelo, o imperativo de presentar a declaración da renda e, por non facela, unha sanción económica, en torno aos 80€, da Axencia Tributaria así como a paralización da concesión doutras subvencións ate que resolveran a obriga que tiñan pendente coa administración.
Cristina Pérez Herráiz, voceira desta agrupación, destaca que no seu día “atribuimos este erro a que os datos das achegas municipais se trasladaron incorrectamente a Facenda”, pero agora, aclaran, “non temos ningunha resposta do executivo local”.
A edil refire que, persoalmente, enviou un escrito ao ente económico pedindo que relatara cal era o procedemento máis axeitado para comunicar a concesión destas prestacións e cómo o estaba a facer o Concello de Lugo.