Localizan o corpo dunha muller desaparecida preto dun vehículo que caeu ao río en Portomarín

O 112 Galicia recibiu unha chamada da Garda Civil ás 10:45 horas desta mañá na que se solicitaba colaboración para retirar un vehículo somerxido no río Ferreira de Portomarín. Os feitos producíronse nas proximidades do quilómetro 20 da estrada LU-612. Segundo confirmaron, o coche correspondíase co dunha muller que levaba desaparecida dende onte, aínda que descoñecían se a vítima podía estar no seu interior. Os profesionais do Centro de Atención ás Emerxencias informaron aos Bombeiros de Chantada e ao GES de Monterroso.

Os Bombeiros introduciuse no río para inspeccionar a zona. Segundo se lle indicou ao 112, no interior do coche localizáronse varias pertenzas da vítima. Os Bombeiros tamén explicaron que unha das fiestras do coche estaba baixada. Minutos despois, os mesmos efectivos localizaron na auga, a uns 100 metros do vehículo, o corpo da vítima, unha muller de Outeiro de Rei.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com