Os sindicatos de Lugo rexeitan a proposta de Relación de Postos de Traballo (RPT) entregada polo Goberno Municipal, así o declarou o Presidente da Xunta de Persoal e representante dos sindicatos, José Echevarría, esta mañá nunha concentración diante da Casa do Concello.
Echevarría afirmou que os sindicatos AGORA, Comisións Obreiras, CSIF, CIG e AFI-USO manifestan o rexeitamento hacia esta nova proposta “xa que non reúne as condicións mínimas esixibles e vulnera os dereitos dos traballadores“. Asemade, Echevarría denunciou que esta RPT estase facendo moi rápido o que impide que tanto Concello como traballadores como sindicatos, estuden incorrectamente esta proposta e, por tanto, afirmou, se precarizan os servizos municipais. José Echevarría, rematou solicitando ao concello que paralice inmediatamente a aprobación deste documento.
Do mesmo xeito, Lugonovo únese ás denuncias dos sindicatos e afirma que non aceptará un RPT que non vaia a favor dos traballadores. Asemade, desminte que a formación condicionara o seu apoio aos orzamentos municipais baixo a premisa de sacar a RPT con urxencia, como denunciou o Concello.
Santiago Fernández Rocha, voceiro de Lugonovo, declarou esta mañá que non iniciarán a negociación dos orzamentos co goberno municipal ata que este non informe públicamente que non houbo presión por parte desta formación para realizar o documento e que, se o RPT se aproba tal e como está, e nos prazos previstos, Lugonovo non apoiará, din, os orzamentos xa que terán a oposición da maioría de traballadores.
Fernández Rocha, afirma que ao chegares ao Concello, a formación municipal se atopou con que a administración precisaba corrixir importantes desviacions en materia de recursos humanos que daban pé ao malestar de moitos empregado pola distribución dos efectivos, que Lugonovo calificou de “errada”.
O voceiro asegurou que apostaron por crear a figura de Dirección Xeral porque a estrutura existente no Concello de Lugo non sacou adiante o documento da RPT e resaltou Fernández Rocha que para a súa formación “é prioridade poñer orde no persoal para rematar coa desorganización e coas arbitrariedades“.
Asemade, o voceiro de lugonovo declarou que se a RPT sae adiante “sen contar coa vontade da maioría de empregados e facendo que as categorías inferiores paguen os pratos rotos, o que atoparán en Lugonovo serán as portas pechadas”.
Para rematar, Fernández Rocha asegurou que os edís e a edil de Lugonovo manterán esta tarde unha reunión coa edil de Persoal e que solicitarán “tanto aos sindicatos como aos xefes de servizo” unha entrevista para “coñecer de primeira man non só cal é a situación na que se atopa cada sección e as súas necesidades, senón tamén cal é a percepción que os seus integrantes teñen sobre como se está a desenvolver o proceso de negociación”.