Empate do Prone e do Club Deportivo Lugo, mentres o Ribeira Sacra Breogán perde a opción de gañar a Copa Príncipe

Chegaba o Prone Lugo ao derby de Santiago en busca dunha vitoria que lle permitise aumentar os seus puntos na clasificación, pero que lle dese un plus de moral para seguir crendo na permanencia en Primeira División.

Saíron coa intención de levarse os tres puntos a Lugo ante o Santiago. Non puideron ser tres pero si puideron volver sumar 15 días despois de facelo en Tenerife. Realizaron un bo traballo para poder empatar o partido antes do descanso, e logrando manterse no partido en todo momento, cun resultado final de empate a catro goles.

Pola súa banda, Club Deportivo Lugo empatou a cero na súa visita ao Real Valladolid, no estadio José Zorrilla. Os lucenses son décimo-sétimos con vinte e cinco puntos.

Por último, o Ribeira Sacra Breogán loitou na final da Copa Príncipe, pero a falta de acerto na primeira metade lastrou demasiado ao equipo celeste que perdou cun resultado final quedaba cun 78-69 para os palentinos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com