Unha persoa faleceu esta tarde en Foz tras envorcar o tractor co que estaba a traballar. A vítima quedou atrapada debaixo da máquina e tivo que ser excarcerada por un equipo dos Bombeiros.
O sinistro tivo lugar, na parroquia de San Martiño de Mondoñedo, nunha leira de Ferreira Vella. O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 14:40 horas desta tarde, a través da alerta de Urxencias Médicas.
O persoal da central de emerxencias do 112 informou decontado aos Bombeiros de Barreiros, que se desprazaron ao punto cun equipo de excarceración. Tamén se alertou ao GES de Cervo, a Protección Civil e á Garda Civil.