Turismo de Galicia celebrou unha xornada sobre o novo decreto que regulará as vivendas de uso turístico

Durante a xornada explicáronse os aspectos fundamentais da nova norma que define as vivendas de uso turístico como aquelas cedidas a terceiras persoas de xeito reiterado –dúas ou máis veces ao ano- e a cambio de contraprestación económica, para unha estadía de curta duración –inferior a trinta días consecutivos- e amobladas e equipadas en condicións de inmediata dispoñibilidade.

A Xunta cumpre, así, unha demanda tanto do sector hoteleiro como do sector de aluguer de vivendas de uso turístico, as administracións, consumidores e usuarios.

Turismo de Galicia destacou que o novo decreto, que entrará en vigor o 10 de maio, impulsará o rexistro de numerosas vivendas de uso turístico en Galicia enriquecendo a oferta de aloxamento turístico da nosa comunidade.

Así mesmo, a súa regulación ofrecerá un marco de seguridade xurídica tanto aos particulares e o sector turístico como aos usuarios.

Para a regulación deste novo tipo de aloxamento, a Xunta optou por un modelo flexible e de moi sinxela aplicación, sendo o decreto galego o menos restritivo en comparación coas outras comunidades autónomas de España.

Os únicos requisitos que establece a nova norma é a inscrición no Rexistro de Actividades Turísticas (REAT) e que sexa unha vivenda legal e lista para habitar. Turismo de Galicia, explicou que, desta maneira, as únicas vivendas que poden quedar fóra da regulación son exclusivamente as ilegais.

 Decreto consensuado

O decreto foi tramitado de acordo co procedemento legalmente establecido que inclúe dar audiencia e participación aos interesados.

Así, durante a súa tramitación, o decreto foi remitido para alegacións a todas as asociacións de hospedaxe así como á federación de ámbito nacional Fevitur, que inclúe asociacións coma Aviturga.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com