“Resaca” a nova montaxe de ilMaquinario Teatro, poderáse ver en Lugo o vindeiro xoves día 16 as 20.30, no Auditorio Muinicipal “Gustavo Freire”. A obra trata de reconstruír a historia dunha persoa do común que desaparece tras unha noite de festa, a través da súa relación co resto do elenco”.
Resaca é o resultado dun traballo documental sobre a memoria familiar e afectiva de todos os membros de ilMaquinario Teatro, a través da súa relación cunha persoa recentemente desaparecida. A reflexión sobre a súa perda activa a necesidade de salvagardar a memoria común fronte á vertixe cotiá que nos empurra cara diante sen ter en conta a importancia do pasado. Quizais non exista mellor momento que agora para falar de alguén a través do que recoñecernos con todos os nosos medos, dúbidas, alegrías e miserias.
O director Tito Asorey destaca que “a obra trata de poñerlle freo á velocidade da sociedade actual, que tira sempre cara adiante”.
A compañía conta no seu elenco coa actriz lucense Melania Cruz, fundadora, xunto con outros actores, do grupo ilMaquinario Teatro. A dramaturxia correo a cargo do director da obra Tito Asorey e da tamén lucense Ana Carreira.