O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, o Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno Lema, o Presidente do CB Breogán, Suso Lázare, o adestrador do conxunto celeste, Natxo Lezkano e o xogador Salva Arco, mantiveron un encontro nas instalacións do Museo Domus de Mitreo. Trátase dunha nova iniciativa, enmarcada dentro do contrato de patrocinio asinado entre o Breogán e a Deputación, para a promoción da provincia.
O horario de apertura deste museo, con entrada gratuita, é de xoves a sábado de 11:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas; e o domingo, de 11:30 a 13:30 horas.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.