Morre un operario tras caerlle enriba unha árbore en Xermade

Un home de 39 anos faleceu esta tarde nun accidente laboral. A vítima atopábase traballando nunha zona de monte de Lousada de Arriba, en Xermade, cando unha das árbores que estaba a cortar lle caeu enriba.

Segundo indicou un compañeiro da vítima ao 112, o seu obxectivo era trasladalo na súa furgoneta ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, aínda que o varón acabou falecendo no camiño. Segundo engadiu, foi á altura de Bergondo cando se decatou de que o home falecera, momento no que decidiu poñerse en contacto co Centro de Atención ás Emerxencias do 112, dende o quilómetro 577 da N-VI.

O persoal da central de emerxencias do 112 alertou da situación a Urxencias Médicas, a Protección Civil e á Garda Civil. Os efectivos mobilizados só puideron confirmar a morte do home.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com