O BNG destapa novos datos de dúas das empresas coas que contratou a Concellería de Cultura os concertos

O BNG – AA pedirá información sobre as relacións que mantén o departamento de cultura do concello de Lugo con dúas das empresas, da comarca de Ferrol, que actuaron como intermediarias na contratación dos concertos de Milladoiro, Ariel Rot e Coque Malla. Para o BNG-AA “o grave do asunto é sobre custo que se está demostrando que teñen estes concertos para o concello de Lugo”. Dende que o BNG–AA denunciou o sobrecusto dos concertos houbo unha serie de acontecementos que incrementaron as sospeitas sobre o procedemento de contratación xa que, segundo explicou Maite Ferreiro, “nestes días desapareceron da páxina web do concello de Lugo un comunicado do goberno municipal no que se nos acusaba de descoñecemento e, sorprendentemente, tamén desapareceu da web do concello de Ferrol os datos que figuraban no perfil do contratante sobre a contratación do grupo Milladoiro”

En canto ás cifras de contratación dos concertos, Maite Ferreiro destacou que “no caso do concerto de Marlango que foi feito coa empresa Iguana Managemente S.L. non se percibe un sobre custo tan esaxerado como no caso dos outros tres concertos contratados coas empresas da comarca de Ferrol vencelladas a un dos responsables de comunicación do PSOE na pasada campaña das eleccións municipais”.

Ademais Maite Ferreiro sinalou que “unha das empresas, Sesnarmiga S.L., ás que se lle contrataron os concertos de Milladoiro e Ariel Rot semalla ser unha empresa fantasma xa que é case imposible atopar o xeito de contactar con ela” e ironizou “sorprende a capacidade da concelleira de cultura que conseguiu atopar unha empresa que non ten páxina web, nin teléfonos de contacto e non existe en internet”. Polas informacións que obtivo o BNG, parece ser que “a empresa Sesnarmiga S.L. se xestiona dende a mesma localización que a empresa Embora S.L. ámbalas dúas vencelladas á mesma persoa que foi nomeado como responsable de comunicación do PSOE na campaña das municipais do ano 2015 (O BNG xa pediu a comparecencia no pleno da corporación da edil responsable de cultura, Carmen Basadre, para que de conta de cómo se tramitou, cando e por que a contratación de catro concertos por un importe total de 61.105 €, “estes novos datos abalan a nosa petición por que entendemos que a edil de cultura vai ter que dar moitas explicaicóns” dixo Maite Ferreiro e afirmou que “está claro que algo se fixo mal e con coñecemento de que se facía mal”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com