A Deputación fomenta o consumo de produtos autóctonos coa celebración da XV edición da Feira do Entroido de Nadela

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, o Concelleiro de Infraestruturas e Medio Rural de Lugo, Manuel Enrique Chaín, e o presidente e o tesoureiro da Asociación Carballeira de Nadela, Carlos Puentes e Ángel Vila, presentaron este martes a XV edición da Feira do Entroido de Nadela, que acollerá a carballeira desta localidade o vindeiro domingo 8 de febreiro.

O organismo provincial colabora coa asociación na celebración desta cita cunha achega económica de 3.000 euros. Escoitamos a Lara Méndez:

Máis de cen expositores daranse cita nesta nova edición da Feira do Entroido na Carballeira de Nadela este domingo, onde, a partir das nove da mañá, e baixo unha carpa, se porán á venda produtos característicos destas datas, así como postres típicos do Entroido e artesanía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com