XX Feira do Butelo da Fonsagrada

O Presidente da Deputación, Daría Campos Conde asistiu este domingo a XX Feira do Butelo da Fonsagrada, acompañado do Alcalde, Argelio Fernández Queipo, na que visitaron os expositores que participan nesta nova edición, e na que se poden mercar todos os  produtos típicos da Comarca. A Deputación é a única administración pública que contribúe a promover este evento cunha achega de 3.000 euros.

 O Presidente, remarcou que esta promoción “enmárcase dentro da nosa aposta por potenciar a comercialización e fomentar o consumo dos produtos autóctonos de calidade, e a Feira do Butelo da Fonsagrada xa se converteu nun referente gastronómico e cultural imprescindible na Montaña lucense”.

 Argelio Fernández agradeceu a colaboración do organismo provincial na promoción deste evento “xa que non contamos con ningunha axuda doutras administracións, só a da Deputación, por iso agradezo dun xeito especial o apoio e a presenza do  Presidente, Dario Campos hoxe aquí”. O rexedor avanzou que esta nova edición “converteuse nun novo éxito de público e de vendas, no que participan 64 expositores, e onde se puido comprar un butelo dende os 9 ata aos 12 euros”, resumiu.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com