O Concello de Mondoñedo pon en marcha un viveiro de empresas

O Concello porá en marcha un viveiro de empresas no edifico histórico Pazo de Santo Tomé, o coñecido como Centro Comarcal. O Goberno municipal promove esta iniciativa, dentro da súa estratexia de apoio á creación de emprego na localidade, coa finalidade de apoiar o asentamento de ideas empresariais. Dende a administración local adiantan que as bases que rexerán a adxudicación dos espazos e o funcionamento do viveiro levaranse para a súa proposta de aprobación ao próximo pleno municipal.

Así, o Concello pon á disposición tanto de emprendedores como de iniciativas empresariais que decidan asentarse no municipio un total de catro locais habilitados para o desenvolvemento da súa actividade. Deste xeito, dende a administración local ofrécense as instalacións e os servizos necesarios para que podan levar a cabo o desenvolvemento da súa actividade empresarial de xeito efectivo.

De maneira máis precisa, dende o Goberno local informan que estas catro oficinas estarán equipadas, “en breve espazo de tempo, con fibra óptica, e outros servizos cos que se busca dar facilidades aos proxectos tanto da aceleradora de emprendemento innovador activada pola Xunta, como a calquera outra iniciativa que teña interese en asentarse na localidade”.

Apoio ao asentamento empresarial

Esta nova iniciativa promovida polo Goberno que preside Elena Candia intégrase na filosofía de promover e ofrecer os recursos e servizos necesarios e “de dar oportunidades para que se asenten actividades no noso concello, fomentar o emprego e dinamizar a economía”

“É unha plataforma de despegue para novos proxectos ou para calquera empresa que vexa na nosa cidade o potencial necesario para instalarse e desenvolver a súa actividade”, explica, ao que engaden que “consideramos que é unha aposta de futuro coa que buscamos ofrecer as oportunidades necesarias para levar á práctica o asentamento de empresas en Mondoñedo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com