A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este luns o premio Comensal de Honra Álvaro Cunqueiro de mans da rexedora de Avilés, Mariví Monteserín, que nesta quinta edición, lle concedeu o colectivo de Gastrónomos del Yumay, sidrería desta localidade asturiana.
Lara Méndez aproveitou a ocasión para poñer en valor os lazos existentes entre as Comunidades de Galicia e Asturias, que comparten fronteira natural, pero tamén costumes culturais, folclóricas e, como neste caso, gastronómicas.
En nome de todo o pobo de Lugo, a Alcaldesa agradeceu esta distinción contribúe a difundir a figura de Álvaro Cunqueiro como primeiro gran escritor gastrónomo, así como a fomentar as relacións de boa veciñanza entre Asturias e Galicia.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.