Lugo lembrará con lecturas a Rosalía de Castro o día do 180 aniversario do seu nacemento

O concello de Lugo, súmase á homenaxe a Rosalía de Castro, insitucionalizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Para elo o Concello organiza unha lectura pública, xunto con Ágora Cultural, da obra de Rosalía de Castro este venres, xusto o día cando se cumpre o 180 aniversarios do seu nacemento.

Carmen Basadre fixo un chamamento para que toda aquela persoa interesada en participar se achegue á Praza Maior, de 12:00 a 14:30 horas. Antes do comezo de dita lectura lerase un manifesto. “Queremos homenaxear a esta gran muller de prestixio internacional que contribuíu, de xeito fundamental, ao rexurdimento da literatura en lingua galega, sendo precursora da poesía moderna en España” subliñou a edil, quen tamén agradeceu a de ambos os dous colectivos se involucraran para desenvolver este acto.

Todo aquel que queira participar nesta lectura pública soamente se terá que achegar aos soportais da Casa do Concello mentres dure o acto, participando na lectura seguindo a orde na que vaian chegando.

Achegamento de Rosalía aos máis cativos

Tamén en homenaxe a Rosalía, mañá xoves, ás 18:30 horas, na Bibilioteca Municipal, terá lugar un contacontos, unha actividade enmarcada dentro da programación de animación á lectura do Concello. Marisa Irimia será a encargada de achegar a poesía e os contos da insigne poetisa aos máis cativos.

Esta actividade, de 50 minutos de duración, vai encamiñada a nenos a partir dos 4 anos, cun aforo máximo de 40 persoas. As invitacións (máximo dúas por persoa) xa se poden retirar na propia biblioteca en horario de tarde, a partir das 16:30 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com