Constituída a Comisión Permanente do Consello Municipal de Cultura

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu hoxe no Salón de Plenos a reunión do Consello Municipal de Cultura. Na xuntanza quedou constituída a Comisión Permanente deste Consello. Os membros que conforman esta comisión son os seguintes: Lara Méndez, Alcaldesa de Lugo, Carmen Basadre, Concelleira responsable de Cultura, Encarnación Amigo, representante do Grupo Municipal do PP, Miguel Fernández, do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, Santiago Fernández, do Grupo Municipal de Lugonovo, Tareixa Ferreiro, do Grupo Municipal do BNG-AA, María Olga Louzao, do Grupo Municipal de Cidadáns, e Carlos Anxo Portomeñe, do Grupo Municipal de ACE. Así mesmo, forman parte desta Comisión Permanente Tareixa Campo, representante das artes escénicas, José Luis Díaz, da música, Mónica Fernández, da música tradicional, Lucia Saavedra, da formación, e Marisol González, de museos e bibliotecas, que son as cinco artes que conforman esta Comisión.

Ademais, nesta xuntanza abordáronse outros asuntos como a modificación do regulamento deste Consello, a posibilidade de nomear un cronista oficial da cidade, instalar un busto ou estatua dedicada ao cantautor Javier Krahe, e o traslado da estatua de Xoán Montes para a Praza de Santo Domingo, porque alí foi onde naceu.

No Consello Municipal de Turismo están representados os seis grupos políticos da Corporación Municipal, así como a Sociedade Filharmónica Lucense, a Federación de Veciños, a Biblioteca Pública de Lugo, o Museo do Castro de Viladonga, o Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes, Abanca, a Escola de Artes e Superior de Deseño Ramón Falcón, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Caixa Rural Galega, a Asociación IV Ciclo Universitario, o Club Cultural Valle Inclán, a Asociación de Antigüidades Coleccionismo e Artesanía Alto Miño, a Consellería de Cultura (delegación territorial de Lugo), a Asociación Cultural Lugo Patrimonio, a Asociación Cultural Achádego Teatro, a Asociación Cultural Cantigas e Flores, a Asociación Cultural do País e a Asociación Gaiteiros Galegos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com