Manuel Martínez, alcalde de Becerreá e deputado non adscrito da Deputación Provincial de Lugo, acompañado do Presidente da Deputación, Darío Campos, anunciaron oficialmente unha reestructuración consensuada do executivo provincial, entrando Manuel Martínez a formar parte do grupo socialista e como Viceprensidente da Deputación e responsable da área de xestión territorial.
Esta decisión, fai que o organigrama político da Deputaciónon Provincial tamén varíe.quedando Álvaro Santos Ramos, actual vicepresidente, como Deputado de Relacións Institucionais e de Goberno Interior, ademáis de Voceiro Provincial.
Miguel Angel Sotuela axudará a Santos nas súas labores, sendo ademáis Deputado de Asuntos Xerais e Formación. Argelio Fernández Queipo será responsable de colaboración cos concellos e medioambiente.
Sonsoles López Izquierdo pasa a ser Deputada de Promoción Económica e Social; Eduardo Vidal será o Deputado de Turismo e Cultura e contará ca axuda de Pilar García Porto quen quedou nomeada Subdelegada de Cultura, Patrimonio, Artesanía, Deseño e Educación. O resto dos deputados quedarán na súa mesma área.
Darío Campos asegurou tamén que a segunda semana de marzo aprobará os presupostos deste ano onde os veciños de Lugo serán os protagonistas.
Pola súa parte, Manuel Martínez agradeceu aos seus compañeiros o apoio e valorou positivamente o esforzo do PSOE para chegar xuntos ao acordo necesario.
En canto ao apoio do BNG, que o PSOE necesita para a aprobación dos presupostos, Darío Campos asegurou que, en principio, non correrá ningún perigo.