Lugonovo considera que debe revisarse o convenio do Garañón para acadar a súa nulidade

Os edís e a edil de Lugonovo consideran un “auténtico retroceso” a intención, que esta mañá deu a entender a propia alcaldesa, de renunciar a un análise pormenorizado do convenio do Garañón para tratar de clarificar se contén algunha estipulación ilícita que o invalide e, sobre todo, que contribúa a evitar a reclamación do construtor polo lucro cesante causado, “cando vemos, ademais, que esa intención pola súa parte é manifesta”.

“Para Lugonovo unha das claves do proceso xudicial era determinar se o documento asinado resultaba lesivo para o Concello, unha circunstancia que podería ser crucial para anulalo e liberar a administración local de ter que asumir unha cuantiosa indemnización ao promotor do inmoble”, explica Iñaki García.

Iñaki García cre que non recorrera sentencia foi unha manobra efectista e o que se pretende e ocultar que houbo “especulación” e pídelle ao equipo de goberno que reflexione sobre a súa determinación e non desbote a posibilidade de estudar a fondo o convenio para tratar de declaralo ilegal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com