O Presidente da Fundación TIC e da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e o presidente de Somos Unidos por el Cáncer, José Manuel Vázquez, acompañados polo Alcalde de Lugo, José López Orozco, presentaron este martes o vídeo do flasmob que organizou o colectivo lugués o pasado 15 de novembro no Hospital Lucus Augusti, e que gravaron e editaron alumnos da Escola de Imaxe e Son da TIC.
Gómez Besteiro felicitou á asociación polo éxito desta iniciativa, na que máis de 600 persoas bailaron contra o cancro infantil .
Numerosas persoas, entre elas membros da asociación formada por pais, nenos e adolescentes afectados polo cancro, asistiron á proxección do videoclip, que tivo lugar no Salón de Actos do Pazo de San Marcos con motivo da celebración, o 15 de febreiro, do Día Internacional do Cancro Infantil.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.