O concelleiro popular Ángel Trabada reclamou hoxe ao goberno municipal a reparación da Calzada das Gándaras, cuxo pavimento resultou moi deteriorado tras as obras de construción do anel hídrico.
Tal como explica o edil popular, “o goberno local non lle reclamou a empresa que devolvera esta rúa ao seu estado orixinal, sen os blandones e fochas que presenta unha vez foi executada dita intervención”.
Trabada insta os socialistas, a esixirlle a firma adxudicataria que acondicione esta rúa, debido ao mal estado en que se encontra, especialmente no carril dereito en sentido de entrada á cidade.
O popular indicou que a situación de deterioración chega a tal punto, que obriga aos vehículos a circular polo carril contrario, para evitar danos nos vehículos.
Escoitamos a Ángel Trabada: