O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, manterá un encontro con representantes de Cementos Cosmos. Na sala de xuntas da Consellería, 4º andar foto xoán crespo 28/02/17

Cementos Cosmos retoma a actividade en Oural

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe en Santiago unha xuntanza coa directiva de Cementos Cosmos, a cal ten a intención de retomar a actividade na fábrica de Oural no mes de marzo, despois de obter a Autorización Ambiental Integrada outorgada pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Conde puxo en valor a oficina Doing Business á que a compañía recorreu para realizar os trámites para poder retomar a súa actividade coa que se crearán 75 novos postos de traballo e se xerarán 300 empregos indirectos.

Conde destacou que a actividade da empresa dinamizará a economía da comarca de Sarria, que prevé retomar o seu labor con vistas á exportación, principalmente desde o porto da Coruña, e coa utilización de combustibles alternativos que permitirá á fábrica optimizar os seus custes de produción. Para o desenvolvemento deste último proxecto, a empresa levará a cabo un investimento de 2 millóns de euros.

 Con respecto á Doing Business, explicou que se trata dunha ferramenta que puxo en marcha o Goberno galego o pasado ano, unha canle directa con cidadáns e empresas para impulsar a posta en marcha de proxectos.

 Esta iniciativa, enmarcada no desenvolvemento da Axenda da Competitivda de Galicia- Industria 4.0, é un mecanismo áxil que supón un paso máis na simplificación e mellora de trámites administrativos. Cidadáns, empresarios e emprendedores poden acceder a esta plataforma pública online para coñecer o estado concreto dun proxecto, solucionar problemas de tramitación, advertir de barreiras administrativas ou propoñer suxestións de mellora da regulación.

 Conde apuntou que o obxectivo do Goberno galego con esta ferramenta é que empresas e cidadáns vexan mellorada a tramitación dos seus proxectos. “A Xunta sigue traballando para manter o esforzo que ven desenvolvendo para diminuír e rematar coa burocracia administrativa no ámbito económico e empresarial, no marco da regulación intelixente, que está a promover a Unión Europea en busca de normas adecuadas, necesarias, proporcionais, simples, transparentes e participativas”, engadiu.

 Lembrou, por último, que este esforzo supuxo a posta en marcha de medidas como a Lei do Emprendemento e da Competitividade Económica de Galicia, que eliminou a licenza previa na apertura de novos establecementos; ou a creación das Entidades de Certificación de Conformidade Municipal (ECCOM), que facilitan aos emprendedores as tramitacións a levar a cabo ante a administración.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com