A Xunta abre o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal da administración galega

A Xunta de Galicia abre hoxe o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal do ente autonómico. Calquera persoa que cumpra os requisitos de titulación poderá inscribirse nas bolsas para o nomeamento de funcionarios interinos e contratación de persoal laboral temporal da Xunta de Galicia.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 15 de xullo, segundo recolle unha resolución da Dirección Xeral da Función Pública no Diario Oficial de Galicia (DOG). Estas listas son utilizadas pola Xunta para cubrir vacantes, facer substitucións e reforzar os servizos públicos.

O número de listas que estarán abertas á inscrición é de 21. Delas, 10 listas son para traballar como funcionario interino e outras 11 para traballar como contratado laboral. Respecto a 2016 ábrense sete listas, catro de funcionarios interinos e tres de laborais.

Todas aquelas persoas interesadas en apuntarse a estas listas de emprego temporal deberán presentar a instancia que se pode descargar na páxina web da Xunta de Galicia, www.xunta.gal, no apartado de Listas de Contratación.

O acceso ao emprego temporal na Xunta realízase a través do nomeamento de persoal funcionario interino ou da contratación temporal de persoal laboral. En ambos casos, as persoas seleccionadas proceden das listas elaboradas para este efecto. A orde na que figurarán as persoas inscritas dependerá dos méritos que reúnan, de acordo cun baremo que figura en cada convocatoria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com