Na mañá do 1 de marzo os presidentes da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), Luciano Fernández Pintor, e da Federación Alzhéimer Galicia, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, presentaron e asinaron un convenio de colaboración que unirá ás dúas entidades de maneira permanente , e co que sumarán esforzos para defender os dereitos das familias e persoas con dano cerebral adquirido (DCA) e alzhéimer.
O presidente de FAGAL, Juan Carlos Rodríguez, detallou os puntos en común de ambas discapacidades, salientando que con este convenio “tratamos de construír un mundo máis xusto, igualitario e equitativo”. Ademais tanto o DCA como o alzhéimer teñen en común a súa orixe neurolóxica e o feito de que afectan tanto á persoa como á familia, xerando unha gran dependencia. O representante de FAGAL incidiu no aumento deste tipo de discapacidades debido ó acusado envellecemento poboacional que existe en Galicia.
Pola súa banda, o presidente de FEGADACE, Luciano Fernández, insistiu no vínculo entre alzhéimer e dano cerebral por tratarse de discapacidades adquiridas, ó tempo que demandou cambios no sistema de atención sociosanitaria que se adapten ás novas realidades que acompañan ás persoas e familias afectadas.
O convenio asinado esta mañá, que xa entrou en vigor, prevé o desenvolvemento de accións conxuntas a nivel de sensibilización, formación e cantas iniciativas se consideren pertinentes para ambas bases sociais. Na actualidade calcúlase que hai arredor de 100.000 persoas cunha demencia neurodexenerativa e 35.000 persoas con dano cerebral adquirido en Galicia.
Nov 10, 2020 - 02:39 PM
Hola
Muchas gracias por contestar.
Contactaremos con ellos para saber la situación actual.
Saludos
Out 16, 2020 - 12:43 AM
Hola
Llevaba tiempo buscando información sobre este tema.
Sabéis como se encuentra los derechos de las personas con daño cerebral y Alzheimer a día de hoy.
Saludos
Out 16, 2020 - 03:50 PM
Ola. Pois actualmente, dende Xornal de Lugo descoñecemos a información que nos solicita. De todos os xeitos, non dubidamos que tanto FEGADACE como FAGAL estarán encantados de facerlle chegar esa información. Pode poñerse en contacto con eles a través das súas páxinas web que están enlazadas na propia noticia. Esperamos que lle sirva de axuda.