Renda básica, Stop desafiuzamentos e Si, hai saída denuncian o aumento de novos colectivos que din defender aos desfavorecidos

Dende o grupo de colectivos integrado por Renda básica&Dereitos sociais, Stop desafiuzamentos e Si, hai saída contra a violencia de xénero, queremos deixar patente a nosa preocupación ante o nacemento e proliferación de colectivos que observamos se está a producir hai algún tempo, que vai en aumento e que, sen ningunha base sólida que os avale, nin persoal coa imprescindible formación, alegando unha labor altruísta, que afecta de xeito directo aos sectores mais vulnerables da sociedade (persoas en risco de exclusión social, desafiuzados, vítimas da violencia de xénero, etc,etc), poden, no noso xuízo, ocasionar danos irreparables, así como provocar o total descrédito dos colectivos que, cos nosos erros, naturalmente, pero partindo sempre do desexo e a vontade real de axudar, tentamos levar a cabo o noso traballo coa maior seriedade, e respectando, como entendemos que non pode ser menos, e por riba de todo, a dor, as moitas veces penosas circunstancias, e a dignidade das persoas que acoden a nós para solicitar axuda.

Así mesmo rexeitamos do xeito mais enérxico a todas aquelas persoas e colectivos que , amparándose nunha falsa solidariedade, e sen ter en conta, ou pasando por alto esta circunstancia, do tremendo dano, quizais irreparable, que poden chegar a causar nas vidas de todos aqueles que solicitan axuda, van á procura do seu propio beneficio económico, laboral ou mesmo mediático.

Así as cousas, e ante a gravidade que consideramos que o exposto neste comunicado implica, pregamos a todos cantos, dun ou outro xeito, teñen algún papel no apoio, difusión e sostemento dos colectivos ou asociacións que, cada vez con maior frecuencia, van xurdindo (Institucións, medios de comunicación…..), unha investigación detallada e minuciosa de todos e cada un deles, incluídos os que aquí asinamos, e que se considere a posibilidade de estudar a implantación dalgún tipo de regulación que evite os abusos e a mala praxe que poden provocar consecuencias fatais para todos aqueles que, dada a súa precaria situación, non poden, baixo ningún concepto, correr o risco de que esta empeore aínda máis, e menos na procura dos pouco claros fins dalgúns dos que din axudalos.

Asinado:

Renda básica&Dereitos sociais. Stop desafiuzamentos. Si, hai saída contra a violencia de xénero.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com