Identificada a persoa que apareceu morta esta maña nunha praia de Burela

Identificado o corpo que apareceu esta mañá na praia de Portelo, en Burela. Trátase dun veciño da localidade  que saíra a pescar esta madrugada e todo apunta a que puido esbarar e caer ao mar. O GES  de Cervo indicábao ao 112 Galicia ás 10:10 horas.

Tras recibir a alerta da aparición dun cadáver sobre as 08:30 desta mañá por parte dun particular o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento da Garda Civil, Policía Local e Protección Civil. Tamén se informou a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Urxencias Médicas tamén se desprazou ata o lugar e confirmou que a persoa estaba falecida.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com