A presidenta provincial do Partido Popular de Lugo, Elena Candia,será a moderadora a mesa-debate “Avanzando en Igualdade nos concellos galegos”, no marco do acto co que o Partido Popular conmemora este sábado en Compostela o Día Internacional da Muller. A dirixente desta formación política participará no encontro xunto aos alcaldes de Ourense, Moraña, Santa Comba, e Cercedo, respectivamente. Este foro, que terá lugar no Hotel AC Palacio del Carmen, dará comezo ás 11.30 horas e prolongarase ata as 12:15 aproximadamente.
Previamente, á participación da alcaldesa de Mondoñedo, a partires das 10.30 horas, desenvolverase a xornada “Avanzando en Igualdade no Goberno Autonómico”, que estará dirixida polo presidente de Novas Xeracións, Diego Gago, e contará coa intervención dos conselleiros de Política Social e de Medio Rural, así como da Delegada Territorial de Ourense.
Finalmente, o acto que será clausurado polo presidente da Xunta de Galicia, inclúe unha última mesa-debate, denominada “Avanzando en Igualdade nas Institucións. Neste caso, a vicevoceira e presidenta da Comisión de Igualdade do Parlamento de Galicia, será quen se encargue de moderala. Nesta mesa participarán diferentes cargos do PP.