O Concello concederá o premio Entre Mulleres a Mar Castro o 8 de marzo e realizará distintas actividades para visibilizar á muller

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, presentou esta mañá na Casa consistorial, as actividades que programou o Concello de Lugo para conmemorar o Día Internacional da Muller, que se celebrará o vindeiro mércores, 8 de marzo.

O Concello concederá este ano o premio Entre Mulleres á luguesa Mar Castro, que segundo afirmou Gonxález Abelleira, é “unha lucense orgullosa de ser lucense e entusiasta amante da comunicación e o protocolo”.

Previamente, ás 12:00 do mediodía, na Praza Maior, terá lugar a lectura do manifesto. Tamén ese día, ás 8 e media da tarde, dentro da programación da XVII Mostra de Teatro Clásico, organizada pola entidade local, a compañía de Lugo, Palimoco Teatro, representará a obra, Medea, Salvaxe?.

Para González Abelleira, é “importante ter presente que a igualdade real, é unha tarefa de todos e todas” e lembrou que con estes premios, o Concello quere visibilizar o papel das mulleres na sociedade.

Na súa presentación a concelleira denunciou as desigualdades existentes aínda a día de hoxe entre homes e mulleres, con distintas anotacións que denuncian dende a fenda salarial, a desigualdade científica, a publicidade sexista ou as violacións, entre outras.

Ademais destas actividades, o domingo 12, celebrarse a XIV Marcha pola Igualdade, con saída da Praza Maior ás 12:00 horas. Ese mesmo día, ás 20:00 horas, na Sala dos Mosaicos do Museo Provincial, Cantar Delas ofrecerá o concerto A muller na música.

Asemade, o día 9 de abril terá lugar o, xa tradicional, Corre con nós, que esta vez se chamará Corre con elas para que se siga visibilizando a importancia da muller.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com