O BNG-AA propón que se aproveiten as obras da rúa Primavera para facer un aparcadoiro disuasorio na zona

O voceiro do Bloque Nacionalista Galego – Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, propuxo, unha vez máis, a creación dun aparcadoiro gratuito no solar baleiro da rúa Primavera, no que se utilizou,segundo afirmou Rubén Arroxo, “para acumular material durante as obras de Fontiñas”.

Arroxo lembrou que no mes de febreiro do pasado ano o pleno da corporación lucense aprobou unha iniciativa do BNG para buscar acordos cos propietarios dos predios sen edificar co fin de darlles un uso alternativo entre os que estaría o de crear aparcadoiros disuasorios.

Arroxo sinalou que “as actuacións para mellorar a regulación do tráfico en Fontiñas é un dos obxectivos do BNG-AA” e apuntou que xa presentou diversas iniciativas para a zona como a ampliación da calzada da rúa Primavera.

Ante isto o BNG reitera unha proposta que xa realizou cando se aprobou esta proposición no mes de febreiro de 2016, na que sinalaban varios terreos que neste momento se atopan baleiros e que poderían utilizarse como aparcadoiros disuasorios.

Para Rubén Arroxo trátase “dunha cuestión de vontade e de que o goberno municipal negocie cos propietarios para poñelos ao servizo das veciñas e veciños mentres os seus donos non fagan uso destes predios”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com