A Xunta de Goberno da Deputación celebrada hoxe, aprobou este venres concorrer, xunto con sete entidades locais de países europeos, a un proxecto comunitario de posta en valor do patrimonio cultural e desenvolvemento económico en localidades do rural. Así o avanzou a Deputada de Cultura, Pilar García Porto, que compareceu diante os medios de comunicación onde explicou que se trata do “Proxecto Europeo de Xestión Participativa, enmarcado no Programa Europeo cos Cidadáns”. No caso de ser aprobado, estará dotado 176.000 euros, cos que se levará a cabo un congreso internacional e accións formativas sobre a xestión dos recursos patrimoniais en núcleos rurais.
“É un plan de marcado rango internacional, que contribúe a dar a coñecer a riqueza do entorno cultural e lingüístico en Europa, ao mesmo tempo que dinamiza o patrimonio no rural e o desenvolvemento económico das nosas vilas”, destacou Pilar García Porto.
A Deputación de Lugo concorre conxuntamente cos seguintes socios comunitarios: Vicenza (Italia), Condado de Kent (Reino Unido), Duzet (Hungría), Moylan (Bulgaria), Domikoinep (Grecia), Vojova (República Checa), e Valka (Lituania).
Doutra banda, a Xunta de Goberno da Deputación aprobou os traballos de mantemento e posta en marcha a punto dos embarcadoiros e catamaráns das Rutas Fluviais da Deputación, que se financian con 435.000 euros de fondos propios.
Arranxo da LU-P-2801 en Lourenzá
O Goberno da Deputación tamén aprobou os Plans de Seguridade e Saúde no Traballo para poder continuar as derradeiras obras da piscina de Monterroso, que permitan a súa posta en marcha; así como o da estrada LU-P-2801. O Executivo Provincial arranxará 3,3 quilómetros da desta vía que contará cun orzamento 268.425 euros. Trátase dunha das estradas máis utilizadas polos laurentinos.
Lugo, 3 de marzo de 2017