Lugo amosa a súa solidariedade sendo ‘provincia acolledora coas persoas refuxiadas’

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto á Deputada de Benestar, Sonsoles López Izquierdo, e á Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, participaron hoxe no acto Lugo, provincia acolledora coas persoas refuxiadas que organizou Amnistía Internacional na Praza de San Marcos.

O Goberno provincial colabora coa asociación a través da Fundación TIC que realizou a gravación de todo o acto e colocou unha pantalla xigante para a proxección de vídeos de Amnistía Internacional. Durante o acto a escritora Ana Expósito leu un manifesto reivindicando a figura dos refuxiados, e o grupo de teatro Palimoquiños e o Coro Moderno da Escola Municipal de Música realizaron varias actuacións.

Para rematar a refuxiada mexicana, Leonor Peralta, que vive en Lugo dende fai 2 anos, cortou a cinta que inaugura simbolicamente a Lugo, como provincia acolledora de persoas refuxiadas. Realizaranse actos similares durante todo o día en Concellos e cidades de toda España.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com