O Campionato Galego de Piragüismo reúne a máis dun milleiro de persoas en Taboada

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e a Deputada de Cultura, Pilar García Porto, participaron na entrega de premios do Campionato Galego de Piragüismo, que se celebrou hoxe no encoro de Belesar, ao seu paso pola localidade de Taboada, e que contou co patrocinio principal da Deputación.

O organismo provincial achegou 9.000 euros para a celebración desta proba deportiva, que reuniu a máis dun milleiro de persoas entre participantes e espectadores, potenciando, deste xeito, a economía e o turismo na zona, ademais de promover o deporte como estilo de vida saudable entre os lucenses.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com