Lugo conta, dende onte, con tres novos premios “Mestre Mateo”, grazas a Luís Tosar , Oliver Laxe e Roberto Vilar. Tosar alzouse co premio á mellor interpretación masculina protagonista por Cen Anos de Perdón, Oliver Laxe mellor dirección por Mimosas e Roberto Vilar mellor comunicador, por Land Rober tunai show.
A gala organizada pola Academia Galega do Audiovisual, tivo como condutora a actriz Iolanda Muíños que reivindicou un papel máis importante para a muller no audiovisual galego. Aínda que en algúns eidos o sexo feminino esta ben representado hai outras áreas, nomeadamente na realización e dirección, practicamente brilla pola súa ausencia.
Tamén a premiada co Fernando Rey, a directora de arte Marta Villar, denunciou que o audiovisual galego estea asentado nunha pequena área xeográfica, cando antes todo país era una grande plató.