O CEI-NODUS acolle un curso do programa LUGOWORK

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Presidente da Deputación, Darío Campos, mantiveron este luns un encontro no Centro de Empresas e Innovación (CEI-NODUS) con 15 mozos e mozas en paro, que iniciaron hoxe o curso de Auxiliar de ventas online e offline e atención ao público. Trátase dunha das 4 accións formativas gratuítas postas en marcha polo organismo provincial dentro do programa de emprego xuvenil LUGOWORK, que se suma aos programas que desenvolve o Concello, como o Espazo Inicia Coworking, o Obradoiro EmpregaTIC, o Plan Mellora Lugo ou o Plan de Emprego (Con) trato feito!.

A rexedora asegurou que “tanto o Concello como a Deputación amosan coas súas accións que as administracións están para dar resposta ás demandas e problemas dos veciños e veciñas, polo que ambas entidades ofrecen solucións ao desemprego, independentemente de que sexa unha competencia propia ou non”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com