En Marea propón tres iniciativas a prol de Lugo no Congreso dos Deputados

Miguel Anxo Fernán Vello, deputado por Lugo de En Marea, presentou hoxe en rolda de prensa tres iniciativas parlamentares rexistradas no Congreso en prol da cidade de Lugo. Fernán Vello, estivo acompañado polo voceiro de Lugonovo Santiago Fernández Rocha.

O deputado no Congreso, quixo destacar tres temas que afectan a Lugo principalmente e que demostran, para Fernán Vello, o “carácter de abandono” dos Ministerios hacia Lugo. A primeira denuncia que fixo foi relativa ao estado de abandono que sufre a ponte nova sobre o Miño, coñecida como a Ponte branca, que no ano 2011 inaugurou José Blanco.

“O Ministerio de Fomento, que é o responsabél do espazo, non realiza o mantemento nesta ponte, que foi de alto custo. Hai un descuido absoluto do espazo”, denunciou o parlamentar de En Marea. A agrupación demanda que se leven a cabo actuacións de mantemento e de limpeza “no prazo de tempo máis urxente posíbel”.

Fernán Vello, recalcou que a pesares, de rematar a súa contrucción 8 meses antes do previsto e de que Fomento cualificou esta ponte como “Símbolo do compromiso con Lugo”, este ministerio non realizou ningunha actuación de mantemento.

No mesmo orde de cousas, Fernán Vello tamén destacou a iniciativa rexistrada no Congreso que denuncia o estado de abandono da Praza Conde de Fontao, onde se ubica a estación do tren, tal e como lle demandara Lugonovo e como reclamaron os veciños da zona que piden melloras “desde fai tempo”.

“Nesta praza hai terreos abandonados e os veciños da Estación levan tempo reclamando melloras, como a rehabilitación. En Marea pide que se inicie un diálogo entre o Ministerio de Fomento e o Concello para a elaboración dun convenio que conte coa participación das dúas adminsitracións, con fin de levar a cabo unha mellora integral da praza”, insistiu o parlamentar.

Para o deputado o estado desta importante zona de Lugo demostra a marxinación en materia ferroviaria que Fomento ten hacia Lugo e pregunta ao Ministerio se este estado de abandono gardará relación ca constante redución de servizos ferroviarios e se o propio ministerio atenderá á demanda dos veciños do barrio da estación.

O terceiro tema que considerou de gran interese para a cidade de Lugo é a demanda dun proxecto de rotonda na confluencia da N- VI ca avenida Alfonso X. “En que estado administrativo se atopa o proxecto? Cales son os prazos de execución e canta dotación económica terá?”, pregunta Fernán Vello ao Goberno.

O deputado asegurou na rolda de prensa que “a rotonda é unha demanda social e política que se realiza debido aos perigos no cruce, que é un dos accesos ao Campus Universitario.” “Coa rotonda proporcionaríase maior seguridade aos viandantes. Estamos ante un problema de seguridade vial que non require de grandes investimentos”, insistiu o parlamentar.

Asemade, o deputado no Congreso por Lugo, propón outras preguntas e iniciativas ao ente estatal para a Provincia de Lugo entre as que se encontran a supresión do paso a nivel de Guitiriz, que ten gran cantidade de tráfico, o arranxo da praia de Covas, deteriorada polo temporal ou a anulación das obras do proxecto de uso hoteleiro do Faro de Illa Pancha en Ribadeo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com