A Deputación promove que no vindeiro partido do CB Breogan se visibilice a labor social de ASPNAIS

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Presidente de ASPNAIS, José Reigosa García, e o Presidente do CB Breogán, Jesús Lázare Rincón, presentaron hoxe unha nova campaña de concienciación social, enmarcada dentro do contrato de patrocinio asinado polo clube celeste e a Deputación para a promoción da provincia e o impulso da integración social, igualdade, solidariedade, compañeirismo ou superación a través do baloncesto.

Rivera Capón adiantou que o vindeiro encontro do club celeste no Pazo dos Deportes estará dedicado a difundir a labor de ASPNAIS (Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo), con motivo do seu 50 aniversario.

O obxectivo desta campaña é “camiñar cara unha sociedade máis xusta e igualitaria”, segundo considera a Deputación que cre que o Breogán pode ser unha boa canle para chegar aos cidadáns de toda a provincia pola enorme masa social que move e a súa repercusión mediática.

Con motivo desta iniciativa, a Deputación cederá entradas do contrato de patrocinio aos membros e usuarios de ASPNAIS para que acudan a presenciar o encontro do sábado, a partir das sete e cuarto da tarde no Pazo dos Deportes, e que enfrontará ao clube celeste e o Gipuzkoa Basket Club.

Ademáis, repartirase información entre o público asistente sobre a labor social que leva a cabo ASPNAIS na provincia de Lugo para integrar social, educativa e laboralmente ás persoas con algún tipo de discapacidade intelectual.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com