Día da Muller Traballadora

Editorial

160 anos despois de que centos de mulleres dunha fabrica téxtil de Nova Iorque organizaran unha marcha para reivindicar mellores salarios e unhas mellores condicións dignas nos seus postos de traballo, as mulleres seguen con salarios máis baixos que os homes, o que se coñece como fenda salarial.

Se o salario medio no ano 2014 era de 22.858 euros; o dos homes subía ata de 25.700 euros, mentres que  o das mulleres baixaba aos 19.700 euros, mesmo en actividades como a dos servizos, un sector con ampla maioría feminina, os homes tamén cobran máis que as mulleres, un dato que non deixa lugar a dúbidas. As mulleres están discriminadas.

E aínda que esta fenda está presente en toda a Unión Europea, os nosos veciños redúcena, mentres a nosa segue a agrandarse, chegando  no 2015 ao 24%; a taxa máis alta dos últimos anos.

Con estes datos queda, negro sobre branco, que as mulleres, xunto cos  homes, deben traballar para  acabar con esta discriminación histórica, porque isto é unha xeira de toda a sociedade, para, deste xeito, acabar con esta lacra social e así poder vivir nunha sociedade xusta e  igualitaria. Temos por seguro que unha xornada como a do 8 de Marzo, ten unha grande importancia para acadar esa meta.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com