O PSOE de Vilaba levará ao pleno iniciativas para reducir o catastrazo por terceira vez

O Grupo Municipal Socialista vén de anunciar que “levarán de novo ao pleno medidas encamiñadas a minorar a presión fiscal do temido catastrazo como resposta á preocupación da veciñanza do concello vilalbés ante a chegada dos recibos para pagar os atrasos do IBI dos últimos catro anos”.  Malia a insistencia dos socialistas para paliar os efectos da suba desorbitada á que se teñen que enfrontar os contribuíntes, “o goberno local opúxose ata en dúas ocasións a actuar no que atinxe ás competencias municipais deixando pasar o tempo con escusas mentres moitas persoas se atopaban cunha situación nova ante a que non se lles ofreceu ningún tipo de información”, comentou o edil socialista Rodrigo Pavón.

“Neste momento o imposto, froito da regularización catastral, está a ser notificado, polo que proporemos de novo medidas concretas e explícitas para diminuír os seus efectos”, subliñou Pavón. A primeira destas medidas responde a unha modificación da Ordenanza Fiscal número 2 no seu artigo oitavo, “o que suporía reducir os tipos de gravame do IBI do 0,4% para os bens inmobles de natureza urbana e o 0,3% para os bens inmobles de natureza rústica”, explicou o concelleiro.

O procedemento de regularización catastral afectou  especialmente a aquelas persoas que habitan nas parroquias, “danando gravemente un dos piares básicos da economía do concello: a actividade agrícola e gandeira”. Dentro das competencias municipais e tal e como se fixo noutros concellos, desde o PSOE de Vilalba piden “que se estableza o máximo permitido de bonificación do 95% da cota íntegra do IBI para os bens inmobles nos cales se desenvolvan actividades agrícolas ou gandeiras”.

Ademais destas propostas, que desde a bancada socialistas volverán a poñer sobre a mesa “esperando que Baamonde e o seu equipo de goberno acepten nun acto de responsabilidade cara os vilalbeses”, solicitarán tamén que se aprobe un Regulamento de axudas para o pago do 100% da cota do Imposto de Bens Inmobles a persoas empadroadas con Concello de Vilalba, “sempre que se trate da súa vivenda habitual e a renda da unidade familiar non supere tres veces o IPREM”, aclarou Pavón.

Os socialistas lembraron que o Psoe xa comezara a pedir solucións ao catastrazo no ano 2015 pero” as propostas plenarias que se presentaron, na liña de baixar o tipo de gravame do IBI ou o estudo de ferramentas legais para evitar, na medida do posible, os efectos retroactivos das catro anualidades anteriores, foron rexeitadas polos populares do concello, feito que nos obrigou a volver a presentar unha batería de medidas en decembro de 2016”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com