A Deputación defende converter os Consorcios de Bombeiros en servizo público

O Deputado de Turismo de Lugo, Eduardo Vidal Baamonde, a Vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, e o Deputado de Economía de Pontevedra, Carlos López Font, acompañados de técnicos das 3 administracións, entregaron este mércores a representantes da Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia o informe xurídico sobre o novo modelo de xestión dos consorcios provinciais de bombeiros. Foi elaborado por as 3 Deputacións que defenden a xestión pública no conxunto das instalacións que prestan o servizo antiincendios.

Os representantes da Mesa Intersindical apoiaron dita proposta de conseguir que a xestión dos parques de Bombeiros Provinciais pase a ser de carácter público. Neste senso, representantes dos Bombeiros recoñeceron a labor das administracións por mellorar o servizo que se presta, así como as condicións laborais dos profesionais dos parques galegos.

Informe Xurídico
O informe xurídico do novo modelo de xestión dos Consorcios Provinciais de Bombeiros, elaborado polas Deputacións de Lugo, A Coruña e Pontevedra, é unha análise en profundidade da situación de cada un dos parques de cada un dos órganos; así como das posibilidades e alternativas para conseguir cambiar o modelo cara un servizo público.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com