O dispositivo de inverno da Deputación que coordina o deputado provincial Manuel Martínez despexou de neve preto do 100% das estradas de provincia de Lugo que son da súa titularidade. Nestas dúas xornadas, o operativo de máxima intensidade utilizou máis de 370 toneladas de sal para acondicionar a rede viaria da provincia. Arestora, xa se despexaron de xeo as zonas centro e sur da provincia, o que fan transitable a mayoría das vías provinciais. Este operativo de máxima intensidade, que despregou a Deputación con motivo do temporal, está composto por máis de 100 operarios e 52 máquinas que traballaron durante todo o día para resolver as incidencias relacionadas co mal tempo. As vías máis afectadas atopábanse en Baleira, O Incio, Meira, Negueira de Muñiz, As Nogais, Ourol, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Samos, Taboada e Triacastela. Escoitamos ao voceiro provincial socialista Manuel Martínez:
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.