Depuemprego xera outros 6 postos de traballo en dous Concellos

O programa de emprego da Deputación de Lugo acaba de xerar outros 6 postos de traballo en 2 Concellos da provincia a través do DEPUemprego, o plan que o Executivo da Deputación dotou de 3 millóns de euros para financiar os custos laborais de novos traballadores nos 66 municipios lugueses de menos de 20.000 habitantes. Está aberta a solicitude dos 6 empregos que o Goberno  da Deputación ofrece en Láncara e O Vicedo. Máis información en www.deputacionugo.gal e nos propios Concellos, onde se fan as inscricións.

En Láncara, ofértase 4 peóns de servizos múltiples e 1 monitor de ocio e tempo libre, o prazo está aberto ata o 17 de marzo.No Vicedo, ofértase 1 peón de mantemento de servizos naturais e o prazo está aberto ata o 31 de marzo. A estes novos empregos súmase a oferta no Concello de Pantón dun técnico informático que segue aberta ata o 13 de marzo.

Con estes últimos empregos, son xa 198 os que en total o Goberno da Deputación leva xerado en 55 municipios na provincia a través do DEPUEMPREGO. Cómpre destacar que son 263 os postos de traballo que inclúe este plan polo que nas vindeiras semanas se xerarán outros 65 empregos.

Distribución dos 191 traballadores

Tendo en conta as cifras anteriores, e á espera da vindeira incorporación de 7 novos traballadores en ditos 3 Concellos que resulten beneficiados dos procesos de selección que levarán a cabo os propios municipios; son 191 as persoas contratadas en 52 Concellos.

Na Mariña 30 postos de traballo en 11 Concellos: Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Cervo, Ribadeo, Riotorto, Trabada, Mondoñedo, O Vicedo, e Xove.

Na Terra Chá son 40 postos de traballo en 10 Concellos: Abadín, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz,; Meira, Muras, Ribeira de Piquín, Vilalba, e Xermade. Na Comarca de Lugo son  postos en 6 Concellos: O Corgo, Friol,  Guntín, Outeiro de Rei, Portomarín, e Rábade.Na Comarca de Sarria son postos en 5 Concellos: O Incio, O Páramo, Sarria, e Triacastela. Na Montaña son postos de traballo en 7 Concellos: Baleira; Baralla, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, Negueira de Muñiz e As Nogais. Nas Comarcas de Lemos e Chantada 36 postos de traballo en 9 Concellos: Bóveda, Carballedo, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón e Quiroga, O Saviñao e Taboada. Na Comarca da Ulloa 20 postos en 3 Concellos: Antas de Ulla, Palas de Rei e Monterroso.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com