A Agrupación Comarcal de Esquerda Unida en Lugo expresou hoxe o seu apopio á convocatoria de folga xeral educativa de profesorado, alumnado e familias de mañá 9 de marzo pola derrogación da LOMCE e as reformas universitarias, a reversión dos recortes, o dereito efectivo á educación e a dignificación das condicións de traballo, e felicítase pola unidade de acción acadada no noso país polas distintas forzas sindicais, de estudantes e de nais e pais nesta convocatoria.
Para a coordinadora comarcal de Esquerda Unida, Isabel Sánchez, a vixencia da LOMCE xustifica plenamente a xornada de folga xeral educativa, que incide nos recortes dos últimos anos e o empeoramento das condicións laborais do profesorado.
Segundo esquerda unida, dende o comezo da crise o investimento en educación non universitaria caeu un 0,9% e o recortado na universidade pública entre o 2010 e o 2014 suma 1.213 millóns de euros. En relación co recorte do investimento ao longo dos últimos anos produciuse un empeoramento considerable das condicións de traballo de profesorado, comezando pola destrución de emprego no sector público (1.200 docentes menos, segundo os datos da propia Xunta de Galicia), o aumento da temporalidade (crecemento exponencial da porcentaxe de interinos e sustitutos ao non sacar prazas dabondo que compensen as xubilacións) aumento das horas lectivas, aumento das ratios e recorte do saliario.