A alcadesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou hoxe que o Arde Lucus foi declarado Festa de Interese Turístico Nacional polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.
Lara Méndez asegurou que “hoxe é un día importante, non só para o Concello, senón tamén para todos os veciños e veciñas, pola súa implicación con estes festexos”; e remarcou “a importante proxección que lle dará a Lugo esta nova distinción, unha ventá aberta de Lugo”; Agora o municipio ten dúas grandes festas que compartir cos españois, o Arde Lucus e o San Froilán”. A rexedora tamén quixo agradecer o traballo realizado pola Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, encargada de organizar ditos festexos.
A festa do Arde Lucus atrae a miles de persoas cada ano, que se achegan a Lugo para gozar desta festividade que conmemora o pasado castrexo-romano da cidade. Este ano o Arde Lucus terá lugar os días 30 de xuño e 1 e 2 de xullo.